lunes, 16 de mayo de 2011

Monte Seixo, o olimpo celta de Galicia

A-


-

Hai un monte en Galicia onde as pedras falan e o vento chora. É un lugar onde conviven os mouros, as bestas, menhires e santuarios sagrados. Un monte mítico, un santuario celta, onde ían e aínda van os veciños de Cerdedo a falar cos seus mortos.



Carlos Solla, o neto de Isolina da Raposeira, é o bardo deste espazo mítico; o Monte Seixo, no concello de Cerdedo. Un lugar máxico que garda historias lonxanas de mouras de loiros cabelos, do rato rabisaco e de galiñas de pitos de ouro.
 -
Portalén, no Monte do Seixo / XS
Todo no Monte Seixo ten un porqué. As pedras falan cos vivos e os vivos cos mortos. O vento xoga e marca o tempo do máis alá. Solla asegura que o monte todo é un espazo mítico no que cada elemento xoga o seu papel; hai unha cadeira para o rei, un altar de pedra, un camiño de pitas e mouros, castros, un menhir que divide lugares e tempos e un chan con tres lagoas e mámoas que delimitan espazos fantásticos onde o real se mestura co fantástico.

Pero, sen dúbida, se algo marca todo este lugar cargado de simbolismo é Portalén, a porta ao mundo dos mortos. Un conxunto pétreo que se abre a través dunha porta simbólica de pedra. As xentes do lugar atribúenlle poderes de verdadeiro oráculo, ademais de porta dimensional. "Segundo a crenza, esta porta permite o paso ó reino dos mortos, á terra dos defuntos", sinala Solla con quen percorremos este espazo acompañados polo profesor Manuel Gago e o arqueólogo André Pena Graña. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario